Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda

O obxectivo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia é agrupar no seu seo, ser punto de encontro e foro de debate, para todos aqueles xóvenes da nosa comunidade interesados no desenvolvemento e implantación de técnicas e prácticas agrogandeiras sostibles, rendibles, respetuosas co medio natural e co benestar dos animais, que permitan a pervivencia futura da actividade e á vez ofreza un medio de vida digno e rendible para os agricultores e gandeiros.

Fins do clube

  • Favorecer o desenrolo persoal e profesional dos xóvenes gandeiros, estimular o espíritu de equipo, fortalecer o liderazgo, implicalos no asociacionismo e na responsabilidade que supón a planificación, direción, toma de decisións e execución de proxetos promovidos por unha asociación plural e democrática.


  • Formar ós xóvenes gandeiros nas técnicas de cría de animais selectos, respetuosas co medio natural e co benestar dos animais.


  • Crear oportunidades de emprego, fomentar a capacitación, a adquisición de cualificación e organización, ó obxecto de que a permanencia nas zonas rurais sexa máis atractiva e digna para os xóvenes.


  • Facilitar os contactos, colaboracións e intercambios con xóvenes gandeiros doutras rexións e países que compartan os mesmos intereses e obxectivos, etc.


  • ¡Asóciate!

    Se eres menor de 35 anos e che gustan os bos animais, queres ser un bo profesional, coñecer outros xóvenes e contribuír ó desenrolo dunha agricultura e gandería rendible e sostible...

    Non o dubides, éste é o teu clube

    Cursiños

  • Selección e preparación de animais
  • Presentación en concursos e exposicións
  • Miniescolas de Xuices Gandeiros
  • Participación en Escolas de Xóvenes Gandeiros (nacionais e internacionais)...
  • Concursos

  • Organización de concursos de preparación, doma e presentación de animais
  • Participación en concursos, locais, nacionais e internacionais...
  • Charlas

  • Alimentación
  • Manexo
  • Calidade do leite
  • Benestar dos animais
  • Conservación do medio natural...
  • Outras actividades

  • Organización de visitas técnicas
  • Intercambio con xóvenes de outras autonomías e países
  • Foro de discusión en internet para todos os asociados...
  • Axenda

    Consulta as actividades na axenda

    Novidades

    [02/09/2024]
    Resultados YBS 2024

    [28/06/2024]
    A Federación Frisona Galega (FEFRIGA) e o Club de Xóvenes Gandeiros lanzan a cuarta e quinta edición das Escolas de Xóvenes Preparadores

    [14/05/2024]
    Concurso de Xóvenes Manexadores Feiradeza '24

    [14/05/2024]
    Concurso de Xóvenes Preparadores Feiradeza '24

    [12/01/2024]
    PUNTUABLE 2024

    [26/12/2023]
    CONCURSO AUTONÓMICO FEFRIGA 2024





    Documentos

    [23/02/2012]
    Solicitude Alta Socio
    Solicitude Baixa Socio


    XUNTA DIRECTIVA DO CLUBE DE XOVENES GANDEIROS DE GALICIA:

    Presidente Dn. Avelino Souto Rozados
    Vicepresidente Dn. Ismael García Arias
    Secretaria Dna. María Manteiga Rodríguez
    Vogal
    D. Marcos Rivas López
    Representante de FEFRIGA D. José Alberto Iglesia Vila
    Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
    Rúa Melide 25-27 Bajo
    15705 Santiago de C.
    A Coruña - España
    Tfno./Fax: + 34 981 573 879
    + 34 981 573 775
    www.xovenesgandeiros.com
    clubexovenes@fefriga.com
    Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies