Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda

Estatutos

Capítulo I – DO CLUBE EN XERAL

Artigo 1.- Denominación.

Ó amparo da Ley Orgánica 1/2002 de 22 de Marzo de 2002, e baixo os auspicios da Federación Frisona Galega, constitúese como Asociación sen Ánimo de Lucro, o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, podendo utilizar validamente, como complemento ou substitución, a súa abreviatura: C. X. G. de Galicia.

Artigo 2.- Ámbito territorial, incorporación e finalidade.
2.1.- O ámbito territorial do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia será o da Comunidade Autónoma Galega.

2.2.- Poderán asociarse a este Clube de Xóvenes Gandeiros todos aqueles xóvenes de Galicia interesados en contribuir ó desenrolo das produccións gandeiras sostibles, respetuosas co medio Natural e co benestar dos animais, que así o desexen e voluntariamente soliciten o seu ingreso, sen que, en ningún caso se poida discriminar a súa solicitude por razóns de sexo, credo, pensamento ou filiación.

2.3.- Os socios que integran o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia fano conscientes de que é un instrumento válido para a súa formación e para a defensa, representación e fomento dos intereses e inquietudes que lles son comúns.
Artigo 3.- Sede Social.

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia fixa a súa Sede Social nas oficinas da Federación Frisona Galega, sitas en Rúa de Melide 25-27 Baixo, de Santiago de Compostela, A Coruña, sen prexuízo de que nun futuro, a Asemblea Xeral decida o seu traslado a outro lugar. Igualmente poderá establecer as Delegacións e representacións que para o seu bo funcionamento considere oportunas.

Artigo 4.- Tempo polo que se constitúe.

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia constitúese por tempo indefinido. A súa disolución levarase a cabo de conformidade coa lei e preceptos contidos nos presentes Estatutos.

Artigo 5.- Personalidade Xurídica.

O Clube goza de personalidade xurídica e dá capacidade de obrar en nome propio e en representación dos seus asociados, en tódalas cuestións que afecten ás súas actividades formativas e á defensa dos seus intereses. O Clube poderá adherirse, federarse ou asociarse con outras entidades de ámbito autonómico, estatal e/ou internacional que compartan os mesmos obxectivos.

Está facultado para realiza-los actos e contratos encamiñados ó cumprimento dos seus fins, así como para asumir dereitos e obrigas en relación cos mesmos, e para recabar e aceptar funcións e servicios delegados pola administración ou polos propios asociados.

Artigo 6.- Fins.

Constitúen os fins deste Clube:
6.1.- Agrupar no seu seo ós Xóvenes Gandeiros de Galicia, comprometidos co mantemento do Medio Rural, a Agricultura Sostible, e o respeto ó Medio Ambiente.

6.2.- Facilita-los contactos, colaboracións e intercambios con Xóvenes Gandeiros de outras rexións ou países que compartan os mesmos intereses e obxectivos.

6.3.- Formar ós Xóvenes Gandeiros nas técnicas de cría de animais selectos, respetuosas co Medio Natural e co benestar dos animais.

6.4.- Favorecer ó desenrolo persoal e profesional dos Xóvenes Gandeiros, estimular o espíritu de equipo e fortalece-lo liderado, implicalos no asociacionismo e inicialos nas responsabilidades que supón a dirección, toma de decisións e execución de proxectos promovidos por unha asociación plural e democrática.

6.5.- Promover e/ou potenciar actuacións que, tendan a dignificala profesión, mellorar o rendemento e desenrolo económico das explotacións galegas, fomenten os productos agrogandeiros de calidade, introduzan novas tecnoloxías, favorezan a innovación e respeten o Medio Ambiente, a seguridade laboral e o benestar dos animais.

6.6.- Crear oportunidades de emprego, fomentar a capacitación, a adquisición de cualificación e a organización, ó obxeto de que a permanencia nas zonas rurais sexa máis atractiva para os nosos xóvenes e para xeracións vindeiras.

6.7.- Promover ou realizar todas aquelas actuacións que, sendo respetuosas co Medio Ambiente, Conservación da Biodiversidade Xenética e Recursos Naturais, contribúan a desenrolar unha agricultura sostible, elevar o nivel económico das explotacións gandeiras, manter a ocupación do territorio e facilitar a incorporación e permanencia dos xóvenes ás explotacións gandeiras.

Capítulo II - DOS MEMBROS. DEREITOS E DEBERES.

Artigo 7.- Persoas que poden ser membros.
7.1.- Poderán ser membros do Clube todas as persoas físicas ou xurídicas que, compartindo os obxectivos deste, voluntariamente o soliciten e acepten cumprir e respetar os presentes Estatutos.

7.2.- O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia componse de Membros Activos, Membros Asociados e Membros Protectores, só os Membros Activos maiores de 14 anos, terán dereito a voto.
7.2.1.- Membro Activo: terán consideración de Membro Activo, aqueles criadores de gando Frisón Selecto (ou os seus fillos), cuia idade non supere os 35 anos inclusive, e que no desenrolo da súa actividade observen prácticas respetuosas co Medio Ambiente e o benestar dos animais.

7.2.2.- Poderán solicitar a súa admisión ó Clube como Membros Asociados, aqueles xóvenes cuia idade non supere os 35 anos que o desexen e, -aínda que non proveñan do Medio Rural,- estén interesados na súa conservación e desenrolo.

7.2.3.- Terán consideración de Membro Protector aquelas persoas ou entidades que compartan os obxectivos perseguidos polo Clube e desexen contribuir activa ou económicamente o seu funcionamento e/ou financiación.
Artigo 8.- Solicitude de Ingreso como Membro.
8.1.- O ingreso ó Clube é voluntario, debendo para elo, presentar solicitude dirixida ó Sr. Presidente, facendo constar de forma explícita a disposición a cumpri-las Normas e Estatutos do Clube, así como os acordos válidamente adoptados pola súa Xunta Directiva e Asemblea Xeral.

8.2.- Para o caso de Xóvenes menores de idade, dita solicitude de alta deberá ir acompañada da correspondente autorización paterna ou titorial.

8.3.- A Xunta Directiva do Clube será competente para decidir sobre a admisión de novos membros, debendo ser ratificada pola Asemblea Xeral.
Artigo 9.- Pérdida da condición de Membro.

Perderase a condición de Membro por:
9.1.- Baixa voluntaria a solicitude do interesado. A petición de baixa deberá de facerse por escrito notificándoo á Xunta Directiva do Clube.

9.2.- Incumprimento das obrigas recollidas nos Estatutos, dos acordos adoptados polos seus órganos de goberno, ou das obrigas económicas establecidas para o sostemento do Clube.

9.3.- Pola realización de prácticas pouco respetuosas coa conservación do medio natural ou que atenten contra o benestar dos animais. Será causa de baixa inmediata o maltrato a un animal.

9.4.- Por actuacións que poidan danar a boa imaxe do Clube ou dos seus Membros.
Artigo 10.- Dereitos dos Membros.

Son dereitos dos Membros:
10.1.- Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, dacordo cos Estatutos.

10.2.- Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

10.3.- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

10.4.- Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós Estatutos.

10.5.- Os Membros Activos menores de 14 anos (7.2.1), os Membros Asociados (7.2.2) e os Membros Protectores (7.2.3) poderán participar na Asemblea Xeral con voz pero sen voto (7.2) e non poderán formar parte dos órganos de goberno do Clube.
Artigo 11.- Obrigas dos Membros

Son obrigas dos Membros:
11.1.- Compartir as finalidades do Clube e colaborar na consecución das mesmas.

11.2.- Axustar as súas actuacións ás normas estatutarias e disposicións reglamentarias promulgadas.

11.3.- Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e as normas que estableza a Xunta Directiva.

11.4.- Prestar a colaboración necesaria para o bo funcionamento do Clube.

11.5.- Satisfacer as cotas que, para o sostemento do Clube, se establezan cada ano pola Asemblea Xeral.

Capítulo III - DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E ADMINISTRACIÓN.

Artigo 12.- Órganos de Goberno e as súas funcións.

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia estará dirixido por:
12.1.- A Asemblea Xeral que quedará composta e actuará na forma que se recolle nos presentes Estatutos (artigos 13 e 14).

12.2.- A Xunta Directiva quedará composta e actuará na forma que se establece nos Artigos 15, 16, 17, 18, 19, 20 e 21 dos presentes Estatutos. Estatutos.
Artigo 13.- A Asemblea Xeral.

A Asemblea Xeral, válidamente constituida, é o órgano soberano do Clube, e os seus acordos, adoptados co arranxo ós Estatutos, e regulamentos, son de obrigado cumprimento para todos os Membros.
13.1.- A Asemblea Xeral estará formada por tódolos Membros Activos, Asociados e Protectores, aínda que só terán dereito a voto, os Membros Activos, maiores de 14 anos.

13.2.- A Asemblea Xeral reunirase en sesión Ordinaria unha vez ó ano dentro do primeiro semestre de cada exercicio, e en Extraordinaria, cando o soliciten como mínimo, un tercio dos Membros Activos ou pola decisión do Presidente.

13.3.- A convocatoria da Asemblea Xeral corresponde ó Presidente, mediante notificación persoal e escrita a tódolos Membros, con 15 días naturais de antelación á data sinalada para a reunión, e nela incluirase a Orde do Día.

13.4.- A Asemblea Xeral quedará válidamente constituida, en primeira convocatoria, cando se atopen representados a metade máis un, dos Membros Activos, e en segunda, calquera que fora o número de asistentes.

13.5.- Os acordos adoptaranse por maioría simple de votos dos Membros Activos asistentes a excepción da disolución da sociedade (artigo 28), no que será preciso o acordo favorable do 75% dos Membros Activos presentes. As votacións poderán ser segredas.

13.6.- Tódolos acordos obrigarán da mesma maneira ós membros ausentes e ós posibles desidentes.
Artigo 14.- Competencias da Asemblea Xeral.

Son competencias da Asemblea Xeral:
14.1.- Intervir na forma que corresponda en tódolos asuntos do Clube, censurar a xestión da Xunta Directiva e esixir responsabilidade, se procede, ós Membros da mesma.

14.2.- Acordar as decisións que se estimen convintes conforme se establece nos presentes Estatutos.

14.3.- Examinar e aprobar, ou formular os oportunos reparos ós presupostos, ás contas, inventarios, balances e memoria do Clube.

14.4.- Resolver sobre as cuestións propostas ou que se lle sometan pola Xunta Directiva..

14.5.- Decidir a adhesión, federación ou asociación con outras entidades de semellantes obxectivos, tanto nacionais como extranxeiras.

14.6.- Cantas outras facultades fagan relación á orientación, dirección e goberno do Clube.

14.7.- Fixar os gastos xerais de administración e establecer o seu réxime interior.

14.8.- Determinar a modificación ou adición ós presentes Estatutos e de aumento ou disminución de capital social, así como de cánto se refira á prórroga, modificación e disolución do Clube.

14.9.- Interpretar os presentes Estatutos.

14.10.- A Asemblea Xeral poderá delegar na Xunta Directiva todas aquelas actuacións que considere oportuno, debendo ser informada de todas estas actuacións, e en particular das que figuran no Artigo 13, puntos 8 e 9.

14.11.- Ratificar as decisións da Xunta Directiva sobre a admisión e exclusión de membros en concordancia cos Artigos 8 e 9 destes Estatutos.
A enumeración das facultades comprendidas nos parágrafos anteriores, non teñen carácter limitativo e deixa subsistentes en toda a súa amplitude as disposicións do parágrafo primeiro do presente Artigo.

Non serán delegables pola Asemblea Xeral as facultades reseñadas nos apartados 1, 2, 4, 5 e 10.

Artigo 15.- Xunta Directiva. Composición.
15.1.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

15.2.- A Xunta Directiva estará composta por 5 membros, -catro elexidos polos Membros Activos do Clube ós que se unirá o Presidente da Federación Frisona Galega ou persoa por el designada. O seu mandato será por un período de catro anos podendo ser reelexidos por períodos sucesivos.

15.3.- Serán candidatos á Xunta Directiva tódolos Membros Activos do Clube maiores de 18 anos.

15.4.- Para a celebración de eleccións elaborarase unha lista aberta na que figurarán tódolos nomes dos Membros Activos elexibles.

15.5.- Os Membros Activos con dereito a voto, votarán, en votación segreda, por aqueles catro candidatos que consideren máis cualificados para representar os intereses do Clube.

15.6.- Os catro candidatos que obteñan máis votos, xunto ó Presidente ou representante de Fefriga formarán a Xunta Directiva.

15.7.- A Xunta Directiva, de entre os seus Membros, elexirá independentemente cada un dos cargos seguintes:
-1 Presidente.
-1 Vicepresidente.
-1 Secretario.
-2 Vogais.
15.8.- Os cargos cesarán na súa función por:
15.8.1.- Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

15.8.2.- Renuncia voluntaria.

15.8.3.- Expiración do prazo para o que foron elexidos.

15.8.4.- Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos Membros Activos reunidos en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

15.8.5.- A renuncia e/ou expiración do prazo polo que foron elexidos non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
15.9.- No caso de que se produza unha baixa (15.8.1 ou 15.8.2) entrará a formar parte da Xunta Directiva o/s candidato/s máis votado/s nas últimas eleccións.
Artigo 16.- Competencias da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva é o órgano que, en nome da Asemblea Xeral terá ó seu cargo a Dirección, Goberno, Xestión e Administración constante e directa do Clube.

Serán competencias da Xunta Directiva:
16.1.- Decidir sobre a admisión e/ou exclusión de membros según os Artigos 8 e 9 dos presentes Estatutos.

16.2.- Someter á Asemblea Xeral cantas propostas estime convenientes.

16.3.- Presentar á aprobación da Asemblea Xeral os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como a memoria, inventarios, balances e contas de toda orde, podendo ser, se así o esixise ésta, debidamente auditados por unha entidade externa.

16.4.- Propoñer sobre a creación de cántos servicios entenda necesarios para desenvolver as finalidades do Clube así como a súa modificación e extinción.

16.5.- Realizar actos, contratos e exercer os dereitos e accións para os que está capacitado o Clube.

16.6.- Dirixir tódolos asuntos, plantexamentos e procedementos do Clube.

16.7.- Cumprir e facer cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidamente adoptados polos distintos órganos de goberno.

16.8.- Dirixir e supervisar o desenvolvemento económico e técnico do Clube.

16.9.- Reclamar e percibir cantas cantidades en metálico, efectivos, valores e outras especies que deban entregarse á Sociedade, sexan quenes foran as persoas ou entidades obrigadas ó pago, incluso o Estado, a Provincia e os Municipios, a índole, cuantía, denominación e procedencia das obrigas, liquidar contas, fixar e liquidar saldos e formalizar recibos e descargos.

16.10.- Celebrar toda clase de operacións bancarias sen limitación algunha, e en consecuencia, constituir e retirar depósitos e consignacións, abrir e seguir, cerrar e liquidar contas correntes nos bancos.

16.11.- Todas aquelas outras que sen entrar en contradicción coas reservadas á Asemblea Xeral e ós obxectivos do Clube, non aparezan recollidas nos presentes Estatutos e sexan necesarias para o seu bo goberno, funcionamento e organización.
Artigo 17.- Funcionamento da Xunta Directiva.
17.1.- A Xunta Directiva reunirase cantas veces sexa convocada polo Presidente, ou por solicitalo a metade máis un dos Membros, aínda que con carácter fixo deberá reunirse unha vez cada tres meses, co fin de estudar e resolver os asuntos pendentes e programar as accións a tomar.

17.2.- A convocatoria realizarase coa antelación suficiente, e coa correspondente información da Orde do Día, salvo que a propia Xunta estableza un calendario fixo de reunións.

17.3.- A reunión da Xunta Directiva poderá celebrarse en primeira ou segunda convocatoria. Dende o momento fixado para a reunión en primeira convocatoria ó comezo da sesión en segunda, deberá ter transcurrido media hora polo menos, sen que en ningún caso poida reducirse este período de tempo.

17.4.- Para que a Xunta Directiva, se considere validamente constituida, será necesaria a presenza da metade máis un dos seus membros.

17.5.- Os acordos da Xunta adoptaranse por maioría simple, en caso de empate decidirá o voto de calidade do Presidente.

17.6.- Considerase obrigatoria, salvo circunstancias especiais, a asistencia dos membros ás reunións de Xunta Directiva.

17.7.- As deliberacións da Xunta Directiva serán segredas en tódolos casos, cabendo acción de responsabilidade contra o membro da Xunta Directiva que as divulgare.
Artigo 18.- Do Presidente.

O Presidente serao do Clube, así como de tódolos seus órganos de goberno e nel concurren a alta representación, dirección e orientación da entidade.

Serán funcións do Presidente:
18.1.- Representar ó Clube en tódolos actos públicos e privados, nos que o Clube interveña e ante as Autoridades Autonómicas, Estatais ou Supranacionais que por calquera motivo teñan relación con éste, así como ante todo tipo de organismos ou entidades públicas ou privadas.

18.2.- Convocar e presidir as reunións de Xunta Directiva, establecendo a Orde do Día e dirixindo os debates.

18.3.- Tódalas demáis facultades que lle confiren os presentes Estatutos e aquelas que sen estar en contradicción cos mesmos, lle outorgue a Xunta Directiva ou a Asemblea Xeral.
Artigo 19.- Do Vicepresidente.

O Vicepresidente colaborará co Presidente e substituirao en caso de ausencia ou enfermidade, ou por delegación expresa, en cantas funcións son da súa competencia.

Artigo 20.- Do Secretario.
20.1.- Ademáis da responsabilidade que adquire como membro da Xunta Directiva, terá como seu particular autorizar as Actas dos órganos de goberno co visto e prace do Presidente.

20.2.- O Secretario adquire igualmente o compromiso de velar pola boa orde e gardar os correspondentes Libros de Actas da Asemblea e da Xunta Directiva. Deberá levantar as correspondentes actas despois de todas e cada unha das reunións que se realicen, da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva, efectuando nelas as anotacións e incidencias ocurridas no transcurso do acto.
Artigo 21.- Dos Vogais.

Serán funcións dos Vogais as propias de todo membro da Xunta Directiva, máis as que podan serlles asignadas por delegación para realizar cometidos en nome da Entidade


Capítulo IV - DO RÉXIME ECONÓMICO E XURÍDICO.

Artigo 22.- Recursos.

A Asociación no momento da súa constitución carece de patrimonio. Para o desenrolo da súa actividade poderá dispor dos recursos seguintes:
22.1.- As cotas dos seus membros cuia contía anual será fixada e aprobada na correspondente Asemblea Xeral.

22.2.- As subvencións, donativos ou axudas de calquera procedencia que recabe ou acorde aceptar.

22.3.- Calquera outro recurso obtido de conformidade coas disposicións legais e preceptos estatutarios.
Artigo 23.- Responsabilidade.

A responsabilidade do Clube a tódolos efectos e especialmente nas súas relacións con terceiros por razón das operacións con eles concertadas, quedará limitada ó importe que en cada momento constitúa o peculio, bens e obrigas do Clube.

Artigo 24.- Exercicio económico.
24.1.- Para cada exercicio económico, o Clube formulará preceptivamente presupostos de ingresos e gastos.

24.2.- O exercicio económico coincidirá co ano natural.

24.3.- O remanente dos exercicios económicos servirá para nutrir os ingresos dos inmediatos presupostos. Tamén poderá destinarse a incrementar o fondo de reserva.
Artigo 25.- Valor vinculante dos Estatutos.
25.1.- O Clube, creado por tempo indefinido, rexerase polos presentes Estatutos.

25.2.- Os Estatutos constitúen a norma xurídica de obrigada observancia para o Clube e os seus membros e a fonte primordial reguladora das súas funcións e actividades, con valor de pacto social polo que se rexerán todas as relacións dos asociados coa Entidade.

25.3.- Non serán válidos e consideraranse nulos os acordos dos órganos de goberno do Clube que estivesen en contradicción coas prescripcións dos Estatutos.
Artigo 26.- Interpretación.
26.1.- A interpretación dos Estatutos corresponde á Asemblea Xeral.

26.2.- En caso de producirse discrepancia ou reclamacións compete, en última instancia, á Asemblea Xeral a resolución que proceda.
Artigo 27.- Reforma.
27.1.- Os Estatutos poderán ser reformados pola Asemblea Xeral Ordinaria, ou en sesión Extraordinaria convocada ó efecto, sempre que concurra o acordo favorable, como mínimo, do cincuenta por cento dos Membros Activos, con dereito a voto, presentes.

27.2.- A proposta de reforma deberá de ser formulada pola Xunta Directiva ou por un número non inferior á terceira parte dos Membros Activos afiliados á Entidade.
Artigo 28.- Disolución e liquidación.
28.1.- A disolución do Clube so poderá producirse, en vía ordinaria, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria sempre que non exista un mínimo do vintecinco por cento dos Membros Activos que se opoñan expresamente.

28.2.- A extinción da Asociación determinará a apertura do procedemento de liquidación da mesma.

28.3.- En caso de disolución e ó ser unha entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

28.4.- Os bens e dereitos resultantes da liquidación destinaranse ás entidades non lucrativas privadas ou públicas que persigan fins de interese xeral relacionados co mantemento do medio rural, a agricultura sostible ou a protección do medio ambiente e que teñan afectados os seus bens, mesmo para o suposto da súa disolución, á consecución daqueles.

28.5.- O Clube, en todas as súas relacións e actuacións internas entre os seus propios asociados ou frente a terceiros, someterase ós Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela calquera que sea o foro diferente que puidera invocarse ou existir.

28.6.- Estes Estatutos complementaranse con un Regulamento de Réxime Interior, seguindo a mesma orde de materias que éstes, cuios preceptos deberá concretar en normas axustadas ás necesidades e características do Clube.

A súa aprobación e modificacións, poderase facer na Xunta Directiva tendo que ser ratificadas pola Asemblea Xeral.

Capítulo V - DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Artigo 29.- Relacións do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia coa Federación Frisona Galega.

Inicialmente e mentras non se dispoña o contrario, as relacións do Clube coa Federación Frisona Galega rexeranse en base ó seguinte:
29.1.- A Federación Frisona Galega autoriza a que a súa Sede Social, sita en Rúa Melide, 25-27 baixo, de Santiago de Compostela, o sexa tamén, -e de maneira totalmente gratuita,- do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

29.2.- A Federación Frisona Galega, sen menoscabo do seu patrimonio e/ou o normal funcionamento da súa actividade, pón gratuitamente, á disposición do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia as súas instalacións, medios humans e materiais (sala de reunións, arquivos, equipos informáticos, etc,...) para o seu bo funcionamento, desenrolo e consolidación.

29.3.- Esta colaboración manterase mentras a Asemblea Xeral do Clube ou a de Fefriga non decidan o contrario e/ou se manteñan os obxectivos e fins para os que o Clube foi creado, recollidos nos presentes Estatutos.

Capítulo I – DO CLUBE EN XERAL

· Artigo 1.- Denominación.
· Artigo 2.- Ámbito territorial, incorporación e finalidade
· Artigo 3.- Sede Social
· Artigo 4.- Tempo polo que se constitúe
· Artigo 5.- Personalidade Xurídica
· Artigo 6.- Fins.


Capítulo II - DOS MEMBROS. DEREITOS E DEBERES.

· Artigo 7.- Persoas que poden ser membros
· Artigo 8.- Solicitude de Ingreso como Membro
· Artigo 9.- Pérdida da condición de Membro
· Artigo 10.- Dereitos dos Membros
· Artigo 11.- Obrigas dos Membros


Capítulo III - DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E ADMINISTRACIÓN

· Artigo 12.- Órganos de Goberno e as súas funcións
· Artigo 13.- A Asemblea Xeral
· Artigo 14.- Competencias da Asemblea Xeral
· Artigo 15.- Xunta Directiva. Composición
· Artigo 16.- Competencias da Xunta Directiva
· Artigo 17.- Funcionamento da Xunta Directiva
· Artigo 18.- Do Presidente
· Artigo 19.- Do Vicepresidente
· Artigo 29.- Do Secretario
· Artigo 21.- Dos Vogais


Capítulo IV - DO RÉXIME ECONÓMICO E XURÍDICO

· Artigo 22.- Recursos
· Artigo 23.- Responsabilidade
· Artigo 24.- Exercicio económico
· Artigo 25.- Valor vinculante dos Estatutos
· Artigo 26.- Interpretación
· Artigo 27.- Reforma
· Artigo 28.- Disolución e liquidación


Capítulo V - DISPOSICIÓN TRANSITORIA

· Artigo 29.- Relacións do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia coa Federación Frisona Galega

Regulamento interno diciplinario
Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies