Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[11/09/2009]
XORNADAS PEDRO MURIAS

Ver Galería de fotos

Durante os días 9 a 11 do pasado mes de Setembro o Clube de Xovenes gandeiros de Galicia, coa colaboración da Escola de Capacitación Agraria “Pedro Murias” sita en Ribadeo organizamos unhas xornadas adicadas a fabricación de queixos de distintas Denominacións de Orixe da nosa terra. O que nun principio nos parecian unhas xornadas de interese dubidoso para os socios e con bastante incertidume en canto o número de participantes, resultou todo o contrario, unhas xornadas moi interesantes, activas, proveitosas e cun adecuado número de participantes. As xornadas desenrolaronse en tres días centrándose case por completo na parte práctica. Nun primeiro intre recibimos unhas nocións básicas de teoria sobre as características e modo de fabricación de cada unha das Denominacións de Orixe abordadas. De seguido pasamos á queixeria na que todos nos puxemos mans a obra, basta con votar unha ollada as fotografías e observar o afán de participación de cada un dos asistentes en tódalas partes do proceso de fabricación. Na primeira sesión fabricamos Arzua Ulloa, na segunda San Simón da Costa e o queixo de Tetilla foi o que pechou estas primeiras xornadas.

Unha vez rematadas e según se comentaba entre os asistentes, -dos que se percibía un elevado interese,- algún deles chegou a rondarlle a posibilidade de adicar a súa explotación á fabricación de subproductos lácteos. Debido á crise que atravesa o sector e sobre todo a que á venda de leite crú se refire, ésta sería unha vía para a continuidade de moitas explotacións.

Dada a satisfacción nestas primeiras xornadas, estúvose comentando a posibilidade de continuar complementando esta formación. Parece que no Centro podense impartir 3 novas xornadas sendo, unha delas adicada á elaboración do yogurt, outra ó queixo de barra e unha terceira con posibilidade de visitar unha fábrica de queixos en funcionamento, a fin de intercambiar impresións cos seus propietarios e resolver seguramente moitas dúbidas que lles xurdan ós participantes.

Dende aquí queremos agradecer no nome dos participantes e tamén do Clube en xeral, á Escola de Capacitación Agraria “Pedro Murias” e a todo o seu persoal pola axuda prestada na organización e desenrolo destas xornadas, facilitandonos o traballo, e ofrecendo un exquisito trato a tódolos participantes, tanto os que pernoctaban no Centro, como os que só comian nel. Gracias por facernos sentir como na nosa propia casa.

Só nos queda animar a todos aqueles socios á participación en próximas xornadas que intentaremos organizar na mesma escola.

« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies