Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[27/07/2010]
Curso sobre elaboración de queixo en Pedro Murias

Durante os días 12 ó 14 de Xullo realizáronse na Escola de Capacitación Agraria “Pedro Murias” de Ribadeo, outras tres xornadas sobre a elaboración de queixo.

Unha vez máis, estas xornadas foron dirixidas por D. José López Fernández que nos amosou ser un auténtico profesional nestas lides. Nesta 2ª parte do curso e durante a 1ª xornada, realizamos a Denominación de Orixe Queixo de Burgos, a seguinte xornada adicámola o queixo de barra coa denominación Pedro Murias e a última xornada á visita de dúas queixerías (Queixería de Taramundi e Queixería Casa Anxel) en funcionamento.

Unhas xornadas protagonizadas pola baixa participación pero moi interesantes e aproveitadas polos asistentes.
Temos que resaltar unha vez máis o exquisito trato dispensado tanto polo noso maestro Pepe como polo resto de persoal da Escola. E neste caso, agradecer tamén a Ana a Xerente da Queixería de Taramundi (Poligono de Taramundi) e a Francisco López da Queixería Casa Anxel de Crecente – A Pastoriza, pola súa colaboración e por amosarnos as súas instalacións con tanto detalle. Gracias a eles disfrutamos dun excelente e interesante remate destas xornadas.


« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies