Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[22/10/2010]
AVANCE DE INFORMACIÓN: CURSO MICROSCOPIA DE PIENSOS

En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en concreto coa “ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR-LUGO U.S.C., temos oportunidade de participar no curso “MICROSCOPIA DE PIENSOS”, en calidade de socios do Clube.

Dado que, polo momento non temos información concreta deste curso, a celebrar a primeiros do 2011 (programa, duración, datas, ...); a continuación podedes consultar datos da última edición realizada (2008). Aínda que simplemente a modo informativo, serven para que vos fagades unha idea do contido do curso.

PROGRAMA CURSO 12 EDICION (2008)

O prezo, e tamén a modo orientativo, terá un desconto para socios do Clube similar ó dos estudantes da USC.
Non se esixe titulación mínima.
Posiblemente as datas sexan: Xaneiro-Febreiro 2011.
Os horarios de impartición poden ser modificados: 1 tarde por semana, ou similar.
Por razóns organizativas, pídennos URXENTEMENTE confirmar un número de socios que desexarían realizar este curso.
Se tedes un mínimo de interés, por favor, para RESERVAR PRAZA remitide un mail a clubexovenes@fefriga.com ANTES DO 29/10/10.
Se vos xurde algunha dúbida ou precisades información adicional antes de realiza-la reserva, tamen podedes remitir mail a esta dirección ou chamar ó 981 573775 en horario de 7:30 a 15:30.
Non obstante seguiremos informando aquí na web, de toda actualización que nos vaia chegando con respecto a este curso.

Esperamos sexa información do voso interese ou dalguén que coñezades.

Gracias pola vosa colaboración

« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies