Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[30/05/2012]
IV CURSO-ESCOLA DE PREPARADORES 2012

Este curso tuvo lugar os días 23 ó 27 de Xullo en Ganadería Ugasma de Andabao-Boimorto, A Coruña. Nel participaron 13 rapaces de entre 11 a 22 anos.

Baixo a dirección dos máis veteranos: Pedro, Bonet, Iván, Odón, Anxo,…; estes xóvenes aprenderon a seleccionar, domar, lavar, alimentar, pelar, manexar, presentar en pista, e todo aquelo que necesitan para unha correcta manipulación e coidado de animais á hora de presentar a un concurso.

O que tamén sen dúbida lles aportaron estas xornadas foi a visión e funcionamento dunha granxa con preto de 600 cabezas, así como espíritu de convivencia, respeto, compañeirismo e coordinación de grupo, aspectos estes que desembocaron nunha excelente relación entre todos os compoñentes deste curso.

O equipo de culpables desta impecable edición do curso-escola foron:

Brais Tato Bravo - 11 anos de Granxa Tato Bravo, SC (Touro – A Coruña)
Brais Oro García – 11 anos de Granxa Trastoy (Agolada – Pontevedra)
Jorge Vázquez Cuñarro – 12 anos de Casa Capón (Chantada – Lugo)
Cristina Carro Iglesias – 13 anos de Casa Nova SAT (Mesía – A Coruña)
Avelino Souto Rozados – 13 anos de Gandería Midón, SC (Lalín – Pontevedra)
José Casás Pombo – 13 anos de Ganadería Casás (Carballo – A Coruña)
Laura Mª Tato Bravo – 15 anos de Granxa Tato Bravo, SC (Touro – A Coruña)
María Manteiga Rodríguez – 16 anos de Gandería Manteiga, SC (Vila de Cruces – Pontevedra)
Ismael García Arias – 16 anos de Gandería Pistulario (Santa Comba – A Coruña)
Águeda Capón Fernández – 18 anos de Casa Capón (Chantada – Lugo)
Laura Seoane Novo – 2 2 anos de Ugasma (Boimorto – A Coruña)
José Manuel Sánchez Vigo – 22 anos de Agrociocende, SC (Boimorto – A Coruña)
Roi Capón Fernández – 22 anos de Casa Capón (Chantada – Lugo)

Dende o Clube queremos expresar o máis grande e sinceiro agradecemento á Granxa Ugasma (Luis, familia e traballadores), fíxosenos a todos unha semana moi amena na súa compañía, gracias por tódalas atencións recibidas e por todo o traballo que fixestes por nós.

Gracias tamén ós socios máis profesionais que unha vez máis e desinteresadamente estuveron impartindo este curso. Gracias polo voso tempo e por formar a este grupo de xóvenes; e tamén a Fefriga, porque sempre nos axuda na coordinación dos cursos, e nos presta o material para poder traballar.

A nosa especial noraboa vai para todos aqueles rapaces que participaron por primeira vez neste curso. Estamos enorme e gratamente satisfeitos polo traballo desenrolado e tamén da cordialidade que xurdiu entre todos; e sobre todo gracias ós que, xa tendo algunha experiencia, axudaron a que a incorporación dos de menos experiencia fose tan levadeira.

Expresar o noso orgullo pola grande labor que fixestes todos servindo a Festa Holstein, uns auténticos profesionais. Facervos chegar tamén a felicitación que recibimos dos comensais, quedando moi contentos de todos vos. Gracias, gracias e moitas gracias.

Esperamos que sigades así, e que non tarde a próxima edición. A continuación tedes unha galería de fotos que esperamos disfrutedes…

Galería IV CURSO-ESCOLA DE PREPARADORES 2012


« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies