![]() |
| ||||||||||
![]() |
![]() |
|
2008
- 2009
- 2010
- 2011
- 2012
- 2013
- 2014
- 2015
- 2016
- 2017
- 2018
- 2019
- 2020
- 2021
- 2022
Noticias [15/07/2013]Curso-Escola de Xóvenes Ganadeiros Trazo, 29 de Xullo ó 2 de Agosto V CURSO-ESCOLA DE XÓVENES GANDEIROS Durante os días 29 de Xullo ó 2 de Agosto en Ganadería Bello de Morlán – Trazo, e coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Trazo e Fefriga; celebramos a 5ª edición do Curso-Escola de Preparadores de Gando. Nel participaron 10 rapaces de entre 10 e 22 anos, ademáis da incorporación de Antía Bello que, con só 4 anos está disposta a traballar e aprender dos maiores e a manexar a súa propia becerra. Para coñecer ben cada parte da vaca, e cada unha das súas rexións, comezaron na mañá do luns coa clase teórica “A Morfoloxía da Vaca”, a partir de aquí, tódolos días realizaron clases prácticas na granxa de selección, doma, lavado, alimentación, pelado, manexo e por último a presentación en pista o venres día 2. Unhas xornadas nas que uns empezaban de novo e outros, xa máis veteranos perfeccionaban as súas técnicas. É unha maneira de compartir a mesma afección ó mesmo tempo que contactan con xente doutras zonas e incluso doutros países, -como é o caso dun participante belga. O traballo en grupo, e a convivencia durante unha semana fomenta máis se cabe a inquietude dos máis novos por traballar coas vacas. O grupo de xóvenes participantes estuvo formado por: Antía Bello - 4 anos de Ganadería Bello, SC (Trazo – A Coruña) Tania Villasenín – 10 anos de Ganadería Bello, SC (Trazo – A Coruña) Abel Carballo – 12 anos de Gandería Adonis (Xermade – Lugo) Xoan Dono – 12 anos de Gandería Dono (Frades – A Coruña) Nicolás Andrade – 13 anos de Frades – A Coruña Cristina Carro – 14 anos de Casa Nova SAT (Mesía – A Coruña) José Casás – 14 anos de Ganadería Casás (Carballo – A Coruña) María Manteiga – 17 anos de Gandería Manteiga, SC (Vila de Cruces – Pontevedra) Laurens Rutten – 17 anos de Bélgica Ismael García – 17 anos de Gandería Pistulario (Santa Comba – A Coruña) José Manuel Sánchez – 23 anos de Agrociocende, SC (Boimorto – A Coruña) A Xunta Directiva do Clube, aproveita para agradecer a todos aqueles que colaboraron neste evento coa súa particular aportación, pero especialmente ter un recoñecemento especial á Gandería Bello e a súa familia porque facilitou a súa organización coa súa total disposición e adaptación das instalacións; gracias por esta oportunidades porque sen colaboradores así, non sería posible celebrar e nin sequera acadar o éxito desta edición. A continuación mostramos algunhas fotos da semana....
| ||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775 www.xovenesgandeiros.com clubexovenes@fefriga.com |
|