![]() |
| ||||||||||
![]() |
![]() |
|
2008
- 2009
- 2010
- 2011
- 2012
- 2013
- 2014
- 2015
- 2016
- 2017
- 2018
- 2019
- 2020
- 2021
- 2022
Noticias [30/10/2013]II Open Junior Show, Cremona 24 e 25 de Outubro. Os días 24 e 25 de Outubro tuvo lugar en Cremona o Concurso Nacional da Raza Frisona, e paralelo ó mesmo, o 8º Nacional e II Open Junior Show. Nesta competición, composta de 3 probas: Concurso de Preparación, Concurso de Manexo e Avaliación por Tipo, participaron 45 rapaces de 9 países europeos e foron xulgadas por D. Lars Bo. En representación de España, estuveron presentes 4 rapaces galegos que forman parte do Clube de Xovenes Gandeiros, e son Dna. Cristina Carro, D. Avelino Souto, D. Ismael García e D. José Manuel Sánchez. Durante o mesmo, D. Avelino Souto de Gandería Midón de Lalín, Pontevedra -recente nomeado Campión Nacional- foi proclamado Campión Europeo de Manexadores na categoría Junior. E na Avaliación por Tipo quedou 3ª clasificada a súa compañeira Dna. Cristina Carro de Casa Nova SAT de Mesía, A Coruña. Ambos son coñecedores de que asistir a cursos e concursos é sen dúbida a clave do éxito; por eso xa todos coñecemos a súa traxectoria e agardamos continuar con eles celebrando boas novas coma esta que nos chega dende Cremona. Noraboa a todos. Dende esta páxina, desexamos expresar á Asociación Nacional de Frisona Italiana (ANAFI) a nosa máis sinceira felicitación polo éxito acadado nesta 2ª edición do Open Junior Show; é realmente admirable a labor de promoción que realizan, especialmente hacia os xóvenes. E transmitirlles tamén o agradecemento por todas as facilidades e continuas atencións que os participantes españois recibiron en todo momento. Ver programa Labranza (a partir do minuto 9:07) A continuación mostramos algunhas imaxes do evento:
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775 www.xovenesgandeiros.com clubexovenes@fefriga.com |
|