Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[02/10/2014]
MELLOR GRUPO EXPOSITOR CONAFE 2014

Galicia estuvo representada por medio de Fefriga, no 35 Concurso Nacional da Raza Frisona, en Xixón do 25 o 28 de Setembro con un grupo de animais pertencentes a ganaderías da Coruña, Lugo e Pontevedra e a cargo de 10 xóvenes do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.
Este grupo, capitaneado por Bonet Cid (LU) e Pedro Saavedra (LU), estuvo formado polos preparadores e coidadores: Águeda Capón (LU), Óscar Castro (LU), Marcos Rivas (LU), Miguel Rial (C), José Manuel Sánchez (C), Rocío Manteiga (PO), José Casás (C) e Cristina Carro (C) e gracias ao seu traballo e esforzo, lograron que o Stand de Fefriga fora elexido como o mellor da feira.
Ademáis da presentación e coidado do grupo de animais seleccionado por Fefriga, conseguiron os seguintes postos no Concurso de Manexadores celebrado o Sábado á tarde:

Categoría Senior (18 a 30 anos)
1º José Manuel Sánchez - Boimorto
2º Águeda Capón - Chantada
3º Marcos Rivas - Abadín
5º Óscar Castro - Lugo
Categoría Junior (12 a 17 anos)
1º Cristina Carro - Mesía
7º José Casás - Carballo

Ademáis dos socios do Clube que acudiron con un grupo de animais de Pontevedra, 2º posto da Cat. Junior de Avelino Souto e 6º posto de María Manteiga na Cat. Senior.
O domingo estuveron presentes no campionato das vacas adultas con Cid Goldwyn Griselda, de Gandería Cid de Barreiros.
Foron numerosas as felicitacións recibidas por este grupo, pola súa coordinación, a labor que desenrolada para que todo estuvese digno de visita en calquera momento ó longo dos 4 días. Un grupo envidiable e que así o manifestou a xente que cada día viu o traballo realizado.

Dende o Clube estamos realmente orgullosos de ter transmitido a imaxe do que somos, un grupo unido, coordinado, e con ganas de facer as cousas o mellor que sabemos.
Noraboa polo Mellor Grupo Expositor Conafe 2014, continuamos traballando para poder mellorar.

Gracias a Fefriga por confiar en nos, e a todos aqueles que dun xeito u outro nos apoian a continuar medrando.

GALERIA DE FOTOS


« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies